Un conto ás 12
Todos os días as 12, o contacontos Óscar Mora, conta un conto a través das redes sociais. Aquí podedes atopar os que leva contados e deixámosvos as ligazóns as súas redes por se quereres velos en directo cada día as 12. Nos iremos engadindo cada día os vídeos que vaia publicando.
El veinticinconomio fantástico
07/05/2020
Con este orixinal conto feito coas palabras que lle enviaron os nenos e nenas a través da rede, Óscar Mora despídese. Este é o derradeiro Cuento a las 12. Aquí vos quedarán todos os que foi contando para que poidades velos cantas veces queirades. A disfrutalo.
Elefante y Miguel
04/05/2020
Elefante e Miguel é un fermoso conto que narra o encontro e a amizade entre Miguel e un elefante. E moi pronto, Miguel descobre que cando amas a alguén, o máis importante é que sexa feliz.
¿Qué haces con un problema?
03/05/2020
Para que serven os problemas? Rétannos, moldéannos, empúxannos e axúdannos a descubrir o fortes, valentes e capaces que somos. Aínda que non sempre os queiramos, os problemas poden cambiarnos de maneiras inesperadas. Entón, que farás co teu problema? A decisión é só túa.
E-muñeca 1.0
27/04/2020
Carlota é unha nena con moitas inquietudes e entre elas as tecnoloxías e arranxar cousas. Sempre está rodeada de pezas ou ferramentas para construír e crear cousas. Un día a súa nai, fíxoa un agasallo moi especial, unha boneca. Nosa protagonista non sabía moi ben como xogar con ela e aquí empezará un longo camiño para descubrir como divertirse con ela. Carlota terá que facer uso da súa imaxinación, creatividade e inquietudes ata atopar o que ela quere que faga a boneca.
Los Quienqué y el extraño ataque del golpe de sol gigante
14/04/2020
Volven OLIVIA, PETUNIA, PAMELA, BERNARDO, RAÚL e MAX, unha cuadrilla de amigos con moita enerxía e sen falta de imaxinación. Cando Olivia, a artista, debuxa un sol enorme, rapidamente os Quienqué morren de calor. Un ventilador dálles un pouco de aire fresco, pero é demasiado potente e fai voar o chapeu de Pamela e o pobre Raúl queda agarrado a un parasol.
La mona lectora
30/03/2020
Na xungla vive unha mona moi curiosa, solidaria e traballadora. Todas as noites conta aos seus amigos e amigas contos dunha maleta que atopou na outra beira do río. Unha noite, unha brutal tormenta asolou a ponte. A mona debe cruzar o río agora, pero un crocodilo e un tiburón non llo porán fácil ...
El elefante que no podía dormir
29/03/2020
Hai moito tempo en Peking, un neno rico e aburrido chamado Sing pediulle ao seu chofer que lle ensinase o elefante Imperial o animal que se dicía que non durmira desde que morreu o emperador. Despois de coñecer ao elefante, Sing recibe un enigma que, se o pode resolver, traeralles felicidade aos dous.
Los Quienqué y el muñeco de nieve que no se quería derretir
23/03/2020
Os Quienqué son OLIVIA, PETUNIA, PAMELA, BERNARDO, RAÚL e MAX, unha cuadrilla de amigos con moita enerxía e sen falta de imaxinación. Cando Olivia, a artista, pinta o ceo de gris, fai frío e a neve non tarda en caer. Os Quienqué póñense a facer un boneco de neve. Pero, por desgraza, o sol volve brillar… Como o poderán salvar?