top of page
Sopa de letras xigante
QUE PRECISAMOS:
- Folios
- Rotuladores ou bolígrafo
- Cinta adhesiva
COMO O FACEMOS:
Debuxamos en cada folio unha letra do abecedario. Precisaremos varias copias da mesma letra porque se repetirán en toda a sopa de letras. Despois eleximos as palabras que imos incluir e a disposición na que van aparecer, xa estamos listos para a montaxe!
Poñemos os folios organizados no chan e unímolos coa cinta adhesiva para que ao moverse por enriba non se movan. Darémoslles aos nenos e nenas a lista de palabras a buscar, sacamos o calzado e A XOGAR!!
Para idear as sopas de letras podedes utilizar algún xerador online como este
bottom of page