top of page

Cuadernillos Rubio

23/03/2020

Os cadernos de toda a vida, súmanse a axudarnos a non perder o ritmo. A editorial permite o acceso gratuíto, a través da súa aplicación, a materiais didácticos para colorear ou repasar caligrafía, operacións matemáticas e problemas.

Aprendemos na casa

22/03/2020

Dende o luns 23 RTVE comezará a emitir  ‘Aprendemos en casa’, a través de Clan e de La2. Unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para facilitar a educación desde a televisión pública durante o tempo que duren as medidas de illamento para conter o coronavirus. 

Aulas Galegas

22/03/2020

Aulas galegas é un portal educativo que nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

 

EduClan

17/03/2020

A canle televisiva Clan abriu un portal onde podedes atopar recursos educativos. Os contidos agrúpanse en tres canles:  EduClan 3 a 5 anos,  EduClan 6 a 8 anos e  EduClan 9 a 10 anos. Atoparedes vídeos sobre as principais áreas curriculares: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Lingua, Lóxica e Matemáticas, Artística, Idiomas, Educación Física, Tecnoloxías ou Convivencia. 

Proyecto#guappis

15/03/2020

Proxecto colaborativo no que se comparten experiencias didácticas utilizando distintas aplicacións de dispositivos móbiles e tabletas. Inclúen tamén pasos de uso e o enlace onde atopalo. 

Blogs de Primaria

15/03/2020

Unha web que se actualiza pouco a pouco e na que se atopan recursos recursos organizados por cursos dende 1º a 5º e esperemos que próximamente inclúan  6º. Un gran traballo que agradecer ao  autor.

Please reload

bottom of page