Kazbo o gnomo lambón
Este é Kazbo. Un gnomo moi lambón pero con una peculiaridade, só come cousas dunha clase, según lle de. Queres axudarlle?
Que precisamos:
- Quebracabezas de Kazbo
- Dado de 20 caras
- Láminas
Como se xoga:
Tírase o dado e segundo o que saia mírase a casilla da lámina correspondente. Hai casillas nas que está Kazbo, nese caso poden elexir a casilla que queiran. Segundo a idade usarase unha lámina ou outra.
•PARA OS MÁIS PEQUENOS: Imprimiremos (ou terémola na pantalla do ordenador) a lámina de imaxes. Neste caso os nenos e nenas terán que dicir palabras relacionadas coa imaxe. Nun principio pedirémoslle unha única palabra para logo ir complicando ( maior número de palabras, palabras que ademáis comecen por algún son concreto, palabras cun determinado número de sílabas ou golpes de voz ...)
•PARA OS MÁIS MAIORES: Neste caso xogaremos coa lámina de letras. Igual que o anterior pedirémoslle palabras que empecen por esa letra. Segundo a idade podemos complicar a consigna (verbos que empecen por esa letra, adxectivos, ...)
En calquera das opcións cada vez que a resposta sexa correcta colocarán unha peza do quebracabezas (que podemos imprimir ou xogar online). O xogo remata cando o completan.