top of page

Información de interese para as familias

   Cada día sae nova información sobre a situación que estamos a vivir. Nesta páxina iremos colocando aquelas noticias ou recursos que consideramos que, a nivel familiar, vos poden ser de axuda.

Información para as familias da AEP sobre "Alerta sobre casos de shock pediátrico" difundido en redes sociais

Ante a aparición de casos de shock pediátrico en España, Italia, Francia, Reino Unido e Bélxica, o Ministerio de Sanidade únese ao comunicado pola Asociación Española de Pediatría. Especialmente quérese resaltar a chamada á calma ás familias. Os casos de shock pediátrico que están a coincidir temporalmente coa epidemia de COVID-19 son moi infrecuentes; os pediatras están alerta e preparados para actuar ante a posible aparición destes cadros.

Programa de ocio en cuarentena

A Asociación Asperger de Murcia, ven de publicar un documento con opcións de ocio para toda a familia, con actividades para nenos e nenas, pero tamén para adultos. É un documento con ligazóns para facilitar a localización dos recursos. 

Instrucións do Ministerio de sanidade

Instrución do 19 de marzo de 2020, do Ministerio de Sanidade que fai referencia a aquelas familias do alumnado con discapacidade, que teñan alteracións conductuais, por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento, regulando as condicións nas que poden saír durante un tempo para aliviar a situación. 

Please reload

bottom of page