Arroz colorido
Que fai falla?
-
Unha bolsa de arroz seco
-
Bolsas herméticas das da comida ou recipientes
-
Colorante alimentario (algúns sitios din que tamén se pode facer con pintura escolar, aínda que nos así aínda non probamos)
-
Auga ou alcohol (xa que este parece que fai que o arroz colla máis cor, nalgúns sitios mesturan auga con vinagre)
Como se fai.
Botamos dúas culleres de auga con colorante alimenticio do cor que queirades e mestúrase na bolsa ou recipiente. Botade bastante colorante para que colla cor, xa que aínda que hai colorantes que tinguen sen problema, para unha cor máis brillante e bonita e mellor botar máis colorante.
A continuación metemos na bolsa ou recipiente o arroz que queiramos tinguir. Mellor canto menos auga teña, mellor collerá a cor e antes secará (se fai falla, e vemos que puxemos pouca auga, podemos engadir unha pouca máis, por exemplo media culler con colorante) Cando vexamos que xa todo o arroz da bolsa ten cor, a sacamos da bolsa e a deixamos secar sobre papel de cociña ata o día seguinte.
Repetiremos isto con cada cor.
Para que
Esta é unha actividade que poden facer xa os máis pequenos, coa nosa supervisión e colaboración, de modo que traballamos a motricidade ao meter o arroz na bolsa, cando movemos o arroz na bolsa para que se tinga... Tamén podemos aproveitar para traballar as cores, cas cores primarias facer outras cores...
Con este arroz podemos facer botellas sensoriais para os máis pequenos, podemos usar o arroz para que os nenos e nenas fagan debuxos cos dedos sobre elas colocándoo sobre unha bandexa e así practicar a grafomotricidade, para esconder cousas e facer a búsqueda do tesouro... ou simplemente para os máis maiores para poder facer algo decorativo, mandalas...
Nos propoñemos tinguir o arroz, pero tamén é posible facelo con outro tipo de pasta como poden ser os macarróns, e como no, tinguir varios tipos de pasta para conseguir diferentes texturas, figuras... deixade voar a vosa imaxinación!!
Aquí están as nosas primeiras probas! Pasámolo moi ben facéndoas!!