Actividades para reforzar a memoria
Aquí vos deixamos algunhas actividades/xogos para reforzar a memoria dunha forma lúdica, buscamos actividades para as que non necesitedes nada máis que a vos mesmos e nalgúns casos cousas que podedes atopar na casa.
-
Imitación dos sons emitidos polos animais
-
Recoñecemento destes sons cando son emitidos por outros/as.
-
Reprodución oral ou escrita dunha serie de cifras en primeiro en orde crecente exposta anteriormente de xeito oral(p.e 6,2-4,1-3-5,2-3-5-7) e despois en orde decrecente.
-
Completar series escritas de números as que lle faltan un ou varios elementos
-
Continuación de series de números escritas iniciadas por algún membro da familia, de forma oral ou escrita.
-
Reprodución dunha serie de palabras. Irase aumentando cada vez unha palabra máis.
-
Reprodución oral dunha frase que poderá irse complicando pouco a pouco. Debe repetirse integramente.
-
Enumeración oral ou escrita dos números dunha serie de forma inversa a como foi exposta.
-
Memorización dos números de teléfono, aniversarios, matrículas...
-
Recoñecemento da palabra que non pertence a mesma categoría cas demais dentro dunha serie ou conxunto.
-
Completar series, orais ou escritas, de palabras pertencentes a mesma categoría (por exemplo: animais de compañía...)
-
Seguir as instrucións de ordes cada vez máis complexas (toca a nariz, toca a man dereita e da un salto, ... )
-
Memorizar refráns, ditos, versos, poemas, cancións,... escoitados ou por escrito.
-
Escoitar ruídos e decidir de onde proceden
-
Xogo do eco: unha nena/o ou o familiar di unha palabra e os demais deben facer eco da mesma as veces acordadas
-
Xogo de cadeas de palabras : unha/un nena/o inicia a cadea dicindo unha palabra (Mario) ,outro neno/a ou persoa da familia debe dicir a mesma palabra engadindo outra que aporte significado á mesma (come) …Perde quen non sexa capaz de engadir outra palabra mais.
-
Teléfono estragado: situados en corro, unha/un nena/o di unha frase ó oído a persoa da dereita , este ao da súa dereita e así sucesivamente …o último di en alto o que escoitou e o primeiro di o que dixo.
-
Repetición dos movementos feitos por outro membro da familia.
-
Enumeración de obxectos ,animais ,persoas…que poidan agruparse atendendo a una categoría(p.e dicir animais que sexan grandes)
-
Enumeración de obxectos da casa previamente mostrados. Escritura destes obxectos
-
Observar unha foto e describir todos os elementos que aparecen na mesma.
Podedes atopar máis xogos para traballar a memoria aquí: